HomesociedadeAchegas da Xunta para proxectos educativos que fomenten o uso do galego

Achegas da Xunta para proxectos educativos que fomenten o uso do galego

Damos a coñecer os centros do sur de Lugo beneficiados e as partidas económicas que van recibir para accións de normalización do galego no exercicio 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia promove proxectos para fomentar o uso do galego durante este curso en 858 colexios e institutos sostidos con fondos públicos cunha achega total de 350.000€.

No Diario Oficial de Galicia vén de publicarse a resolución dos centros adxudicatarios, coa indicación da puntuación concedida e do financiamento definitivo asignado a cada proxecto, así como a relación dos centros excluídos, coas correspondentes causas de exclusión.

Do total de centros adxudicatarios 114 son da provincia de Lugo, e contarán cunha partida de 45.231€.

CENTROS BENEFICIADOS NO SUR DE LUGO E IMPORTES CONCEDIDOS

Chantada: CEIP Eloisa Rivadulla (326 €), IES Lama das Quendas (435 €) e IES Val do Asma (215 €)

Carballedo: CEIP Xosé Luis Taboada (262 €)

Taboada: CPI San Tomé do Carballo (275 €)

Sarria: CEIP Antonio Fernández López (391 €), CEIP Frei Luis de Granada (475 €), EEI Xela Arias (413 €), IES Gregorio Fernández (469 €), IES Xograr Afonso Gómez (453 €)

O Páramo: CEIP do Páramo (330 €).

O Incio: CEIP Ricardo Gasset (373 €).

Monforte de Lemos: CEE Infanta Elena (375 €), CEIP A Gándara (333 €), CEIP Plurilingüe de Monforte (373 €), IES A Pinguela (295 €), IES Fco. Daviña Rei (409 €) e IES Río Cabe (411 €).

A Pobra do Brollón: CEIP A Pobra do Brollón (418 €)

Pantón: CEIP Monte Baliño (280 €).

Sober: CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (424 €).

Quiroga: CEIP de Quiroga (386 €)

CEIP de Quiroga. Foto: Mayte

Folgoso do Courel: CPI Poeta Uxío Novoneyra (429 €).

As cantidades asignadas a cada centro mediante esta convocatoria transferiránselles aos centros nun único pagamento no período correspondente ao exercicio económico de 2023. Ademais, estes terán ata o 30 de xuño deste ano para presentar ante os gabinetes provinciais a xustificación dos gastos correspondentes aos seus respectivos proxectos, xa que non facelo poderá ser causa de revogación das cantidades asignadas.

FOMENTO DO USO DO GALEGO ENTRE O ALUMNADO

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades convoca cada ano esta liña de axudas para todas as etapas educativas non universitarias co fin de contribuír a financiar as actividades que realizan os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e o profesorado dos centros públicos de Galicia.

ÚLTIMAS

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...