HomeDeportesEncontro altruista e inclusivo con Sergio Álvarez, exporteiro do Celta, no IES...

Encontro altruista e inclusivo con Sergio Álvarez, exporteiro do Celta, no IES Río Cabe

O exporteiro do RC Celta de Vigo, Sergio Álvarez, ofreceu, altruistamente, unha charla de Orientación ó alumnado de 3º e 4º ESO do IES Río Cabe no salón de actos do centro. Foron case 2 horas nas que o gato de Catoira orientou ó alumnado sobre distintas posibilidades de saídas para a súa vida e contou a súa experiencia profesional no mundo do fútbol.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ó rematar esta actividade, pasadas as 17.30h deste luns, Sergio Álvarez dirixiuse ó pavillón do instituto para participar en 2 partidos de inclusión, ó primeiro deles xogado por alumnado do centro e 8 rapaces con diversidade funcional que este ano empezaron coa práctica deportiva no CD Calasancio e no CV Ribeira Sacra coa axuda do nos profesor, Xurxo Fortes.

O segundo partido no que participou Sergio, reuníu a 7 futbolistas da Asociación PRODEME e alumnado do Ies Río Cabe que colaborou altruistamente na inclusión social dos rapaces con diversidade funcional nos dous clubs ó longo do presente curso. O encontro solidario rematou pasadas as 21h cunha merenda ofrecida polas familias participantes.

Dende a Dirección do IES Río Cabe agradecen o traballo realizado por todos os implicados/as na actividade e dun xeito especial ó porteiro Sergio Álvarez, á asociación Prodeme,  ó alumnado do centro participante, ó profesor Xurxo Fortes e as familias pola súa implicación na actividade.

Sergio Álvarez encontro alumnado / IES Río Cabe

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...