HomeOpiniónOPINIÓN: Xenofobia ou fraude fiscal?

OPINIÓN: Xenofobia ou fraude fiscal?

No momento de escribir este artigo o proceso para unha nova regularización de persoas inmigrantes en España leva unhas horas en vigor. Tras escoitar unha vez máis a certos individuos que representan a uns cantos millóns de cidadáns, a indignación que me provoca esa teima de sementar dúbidas sobre temas que están axustados pefectamente a dereito obrígame a compartir unhas poucas reflexións

Publicado o

POR
Maro Carretero, artista e militante do PCG
- Advertisement -

A polémica (parece que para algúns é o único obxectivo en política) xurdiu unha vez máis tras as declaracións do señor Núñez, líder do partido con máis escanos no Congresos dos Deputados, nas que relacionou migración e delincuencia. Nada novo nos faladoiros das dereitas extremas. O problema é que nesta ocasión, por se non fose suficiente barbaridade, falou de que se vai regularizar a persoas “con antecedentes policiais”. E o problema é que, rigorosamente falando, o señor Alberte non mentiu. Xa que un dos trámites que as persoas migrantes deben realizar para regularizar a súa residencia legal é que deben presentar os correspondentes “certificados de atencedentes penais en España, no seu país de orixe, así como nos países que residiron nos cinco anos anteriores á súa entrada en España.” Polo tanto, cabe a posibilidade de que unha persoa con antecendetes policias poida optar a residir legalmente no estado? Sen lugar a dúbida, si.

O que pasa é que a diferenza entre antecedentes penais ou antecedentes policias é máis que notable. Por exemplo, seguro que lembran que fai unhas semanas Serigne Mbaye, exdeputado na Asemblea de Madrid, foi arrestado debido a un altercado con forzas policiais. Máis aló da preocupación fundada polo trato por parte das forzas de seguridade a persoas negras (ou racializadas), o certo é que esa detención é en si mesma, haxa ou non unha sanción ou condena posterior, un antecedente policial.

Remarcar ademáis, que para ter antecedentes policiais non é imprescindible pasar polo calabozo. O mero feito de ser obxecto dunha investigación policial xa xera antecedentes policiais. Imaxínanse queridos lectores, o aspecto que terían hoxe en día certas cámaras de
representantes públicos se se impuxera como criterio indespensable para exercer a función de cargo público carecer de antecedentes policiais?

regularizacións masivas de migrantes

Pero máis aló da creación interesada de certas polémicas, o certo é que regularizacións masivas de migrantes xa houbo unhas cantas. Concretamente esta é a sétima, e dúas delas por orde dun tal José María Aznar, lembran? O amigo entreñable de George W. Bush ao que ás veces lle permitían xogar un pedazo no rancho a cambio de apoiar a invasión e asasinato de millóns de iraquíes ca falsa escusa das armas de detrución masiva.

Pero o que máis me inqueda é pensar nos verdaderos intereses que hai detrás de opoñerse a estas políticas de inclusión. Porque que supón realmente a realización dunha regularización masiva de persoas inmigrantes? Pois supón nin máis nin menos a entrada de centos de miles de persoas no estatus de cidadáns ca correspondente adquisición de dereitos e deberes que iso conleva. E non é só que a partir de agora esa gran masa de traballadoras e traballoderes saian da economía sumerxida e comecen a pagar tributos, senón que tamén pon límites legais claros á impunidade da explotación laboral que algúns empresarios de este país exercen sobre persoas, moitas das que arrastran historias persoais moi duras. A maioría das persoas afectadas por esta nova regulación son seres humanos que fuxen de situacións extremas (guerras, persecución política, crisis climática, e a gran precariade económica provocada entre outras pola famosa deslocalización de multinacionais que se benefician sen remordementos da “flexibilidade da lexilación laboral” de países do terceiro mundo).

Polo tanto, xustificando a pregunta que dá título a este artigo, estamos a vivir un novo episodio de xenofobia con estes posicionamentos políticos, contrarios ao recoñecemento de dereitos a persoas que aportan o seu esforzo físico e mental? Ou realmente o que hai é un apoio encuberto ás prácticas inhumanas de certos empresarios que se enriquecen a base do abuso a persoas en situaciós xa de por si precarias?

xenofobia

Porque, cantas veces escoitamos un comentario xenófobo contra a visita dalgún xeque árabe, ou contra os tratos feitos pola Federación Española de Fútbol? Unha institución dependente do estado que promove o furto aos afeccionados ao fútbol deste país para a celebración da Super Copa de España levando a catro dos mellores equipos de cada tempada, coma se de gladiadores se tratase, a milleiros de quilómetros das cidades que representan para o divertimento e o lucro duns inviduos estranxeiros que ademais aplican políticas contrarias aos dereitos humanos contra boa parte da súa pobación?

E que ademais, incluso se decidimos (porñéndonos na cabeza dalgúns destes psicópatas que pretenden obstentar o poder executivo e lexislativo) deixar a un lado a nosa empatía coma seres humanos, a regularización de persoas inmigrantes beneficia claramente á economía do noso país. Nun artigo firmado por Laura Anido para o diario Público, recolle un dato que ilustra perfectamente o impacto favorable que tivo para a economía o último proceso de regularización. Segundo un estudo liderado por Joan Monras, profesor da Universitat Pompeu Fabra, cada traballador regularizado en 2005 xenerou en torno a 4.000 euros anuais.

Como conclusión, aclarar que con este texto non pretendo desmentir ou quitarlle ferro á vergoñenta problemática do razismo en España. Máis ben poñer en contexto que esa xenofobia soe estar moitisimo máis presente cando se fala de estranxeiros pobres e que, sen desbotar para nada a necesidade de promover políticas reais para a inclusión social e a multiculturalidade, é fundamental vencer as barreiras económicas que separan ás clases populares (de todas a etnias e nacionalidades). E isto, querida lectora e querido lector, non é outra cousa que facer realidade a redistrubución da riqueza protexendo os dereitos de todas as traballadoras e traballadores e aplicando unha política fiscal progresiva, en coherencia cos principios solidarios da tan cacareada “sacrosanta constitución de 1978”. E xa postos, seguindo eses mesmos pincipios quizáis plantexarse a incompantibilidade que nun réxime democrático a cidadnía non teña a palabra á hora de designar como xefe de estado a un cidadán por pertencer a determinada estirpe aristocrática. Estirpe de orixe estranxeira, dito sexa de paso, que moito lle debería preocupar ao señor Alberte Núñez, dada a súa sensibilidade con respecto ao potencial delictivo dalgúns cidadáns herdeiros de inmigrantes, eso si de sangue azul.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...