HomeMedio ambiente e PatrimonioProhibidas as queimas por mor das altas temperaturas

Prohibidas as queimas por mor das altas temperaturas

A partir deste sábado 24 de xuño os particulares non poderán queimar restos agrícolas nin forestais. Só se permitirán aquelas que realicen os servizos de prevención debidamente planificadas e dispoñendo de medios para a súa extinción.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As altas temperaturas que trae o San Xoán fixeron adiantar a prohibición de queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia co cal non se darán máis permisos e os concedidos quedarán en suspenso. A medida aplicarase a partir deste 24 de xuño, quedando excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos.

Cómpre lembrar que o Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais, prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

A Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde este sábado e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares; e recorda tamén que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...