HomeCulturaPresentado en Chantada o cartel do 'Folión de Carros 2023'

Presentado en Chantada o cartel do ‘Folión de Carros 2023’

Un ano máis, a Asociación Cultural Amigos do Folión acordou co IES Val do Asma que fora alumnado deste centro educativo quen se encargara de deseñar o cartel anunciador deste senlleiro evento etnográfico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro 26 de agosto celebrarase en Chantada o Folión de Carros, un evento de gran valor etnográfico que se recolle documentado, cando menos, dende o século XIX. Para anuncialo, a Asociación Cultural Amigos do Folión presenta todos os anos un cartel que permite visibilizar as características principais da celebración, cartel que este ano volveu ser deseñado por alumnado do IES Val do Asma.

Os traballos no IES Val do Asma foron coordinados pola profesora de debuxo, Lola López, e o cartel escollido é unha obra das alumnas Nerea  Rodríguez Lage e Nara dos Santos dos Anjos. Cada unha delas recibiu do Folión de Carros un agasallo e un diploma conmemorativo.

O traballo realizado por estas dúas alumnas de 2º BAC foi valorado como brillante pola súa orixinalidade e autenticidade. En palabras da súa profesora “Nerea e Nara buscaron con este cartel expresar modernidade no deseño e tradición na imaxe principal do cartel. Os zocos son parte da festa, que calzan os carroceiros, e forman parte da vida tradicional do campo. Ademais, nalgúns lugares de Chantada existiron zoqueiros ata non hai tantos anos”.

PRESENTACIÓN OFICIAL

O acto de presentación do cartel do Folión de Carros 2023 celebrouse na Praza do Mercado e contou coa presenza tanto das autoras como de Lola López. O agradecemento polo seu traballo totalmente desinteresado foi feito por Manuel Vázquez Regal, Presidente da Asociación Cultural Amigos do Folión, quen destacou “o importante que é para a difusión dos valores do Folión de Carros colaborar dunha ou outra forma cos colexios e institutos de Chantada”, e engadiu que “o cartel deste ano feito por Nerea e Nara é tan bonito e está tan ben feito que merece todas as nosas felicitacións e agradecementos”.

Tamén estiveron presentes no acto representantes políticos da Corporación Municipal e da Área de cultura da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o...

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...