HomePolíticaO TSXG non admite o recurso do BNG da Pobra do Brollón...

O TSXG non admite o recurso do BNG da Pobra do Brollón polos resultados electorais

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou a inadmisión do recurso contencioso-electoral interposto polo BNG contra a acta de proclamación de electos de 5 de xuño de 2023 formalizada pola Xunta Electoral de Zona de Monforte de Lemos, en relación co Concello da Pobra do Brollón

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os nacionalistas denunciaron que ao copiar as actas e elevalas á xunta electoral atribuíuse un concelleiro de máis ao PSOE en detrimento da súa formación, que en todo caso obtivo maioría absoluta con 5 edís.

Con todo, a sección primeira da Sala do contencioso-administrativo conclúe na sentenza que a formación política acudiu á vía xurisdicional “sen esgotar a vía administrativa previa”, nas posibilidades de presentar queixas de forma anterior.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...