InicioCulturaObradoiros, proxeccións e coloquios sobre cinema en Quiroga

Obradoiros, proxeccións e coloquios sobre cinema en Quiroga

Trátase da primeira edición de 'Cinema Circulante', un festival itinerante de cinema que busca converterse nun espazo de encontro coa cultura e o cinema en concellos do rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto ‘Cinema Circulante‘, financiado a través da convocatoria de Territorio Cultura da Xunta de Galicia, percorrerá dez vilas de menos de 5.000 habitantes das provincias de Lugo e Ourense ata o vindeiro 10 de xullo. Ao Concello de Quiroga chegará este luns 3 de xullo pola tarde e desenvolverase onde o Auditorio Municipal e no anfiteatro.

A programación condensa nunha única xornada diferentes actividades relacionadas co audiovisual e orientadas a todo tipo de públicos: obradoiros, música, proxeccións de curtametraxes e coloquios.

PROGRAMACIÓN

O programa comeza ás cinco e media da tarde co obradoiro Sementando Cineastas. Un obradoiro de creación cinematográfica para público infantil no que o cineasta Ángel Santos introducirá á rapazada da contorna no medio audiovisual. A actividade contará con 10 prazas para nenos e nenas de 8 a 12 anos (aínda que a organización terá en consideración outras idades se non se completan as prazas). A inscrición pode facerse enviando un correo electrónico a cinemacirculante@nortecatrocinema.com facilitando os datos e sinalando o concello.

Unha hora máis tarde comezará o Cinema memoria, coa proxección e coloquio dedicado ás nosas e aos nosos maiores no que a través de tres pezas de realizadoras e realizadores galegos xerarase unha conversa sobre as lembranzas e vivencias das e dos asistentes. As curtametraxes proxectadas nesta actividade serán: O carro e o home (Antonio Fernández Román, 1945), As vacas de Wisconsin (Sara Traba, 2016) e Matria (Álvaro Gago, 2017).

‘O home e o carro’. Fotograma da curtametraxe.

Cara o final da tarde a veciñanza poderá gozar da actuación en vivo do grupo Gure Terra, un espazo musical que xira en torno ao imaxinario popular e á tradición.

A partires das 22:30 h. máis cinema ao aire libre coas proxeccións de curtametraxes galegas. Os filmes que conforman esta sesión serán Xoves de comadres (Noemi Chantada, 2020), Así vendrá la noche (Ángel Santos, 2021), Rompente (Eloy Domínguez Serén, 2022) e Einstein-Rosen (Olga Osorio, 2017).

O programa Cinema Circulante rematará co apartado Baixo as estrelas, un coloquio posterior ás proxeccións no que o público poderá falar da proxección co cineasta Ángel Santos.

ÚLTIMAS

Prakash Aisa Barrera faise co Campionato de España maculino Pitch & Putt

O gañador do XIX Campionato de España masculino de Pitch & Putt 2024, que...

Andaina solidaria na Peroxa

A VII Andaina Solidaria de A Peroxa terá lugar o domingo 26 de maio...

Recepción en Láncara a unha delegación empresarial cubana

A xornada enmárcase nunha visita máis ampla que esta delegación cubana fará pola provincia...

Éxito competitivo dos piragüistas do Quixós no Barco

Moi bos resultados para os deportistas do Club de Piragüismo Quixós no Barco de...