HomePolíticaO PP de Monforte urxe a Tomé a planificar a renovación do...

O PP de Monforte urxe a Tomé a planificar a renovación do abastecemento tralos habituais cortes no subministro

Os populares denuncian que dous rebentóns da rede de auga obrigaron a levantar o pavimento que acababa de estrear a rúa Reboredo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz popular, Katy Varela, volve a denunciar “a maneira que ten Tomé de entender a xestión municipal”. Asegura que o concello inviste en maquillaxe urbano, pero non en infraestruturas hidráulicas, “como proba, os novos rebentóns que veñen de ocorrer no final da Rúa Reboredo, na estrada do polígono industrial, que  estaba sendo pavimentanda e unha vez rematados os traballos houbo dous rebentóns e foi preciso picar o novo pavimento”.

Katy Varela explica que a situación é a de sempre, “non se solucionan os problemas básicos, como é o do abastecemento, que levamos criticando durante todos estes anos, de maneira que paviméntase por riba do que está sen arranxar e finalmente hai que volver a levantar o xa asfaltado. O gasto duplícase para os contribuíntes”.

No PP reivindican solucionar “dunha vez por todas, os servizos básicos que están en mal estado, como é o abastecemento de auga, porque é preciso que haxa máis sentido común á hora de gastar os cartos dos monfortinos”.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...