HomeCulturaA Libraría da Proencia presenta unha publicación sobre Cadeiras no propio santuario...

A Libraría da Proencia presenta unha publicación sobre Cadeiras no propio santuario este 21 de xullo

A Libraría da Proencia presenta unha nova publicación sobre o santuario de Cadeiras: Santuario da Nosa Señora de Cadeiras - Historia - Arquitectura - Tradición. A presentación terá lugar este venres, 21 de xullo, ás 20 horas, no interior do templo da Nosa Señora de Cadeiras (Pinol, Sober).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Santuario da Nosa Señora de Cadeiras – Historia – Arquitectura – Tradición, foi coordinado por José María Lago, conta cunha contextualización histórica, do propio Lago, coa transcrición dos documentos orixinais sobre os milagres que a finais do século XVIII se relataron para solicitar limosna para o santuario.

A historiadora da arte, Saleta López, achega a visión arquitectónica e artística, mentres que Alfonso Campos traslada as tradicións contadas pola propia veciñanza e o párroco, Ramón Piñeiro Campos, reflexiona sobre a devoción popular. Todos eles participarán na presentación, que terá lugar en Cadeiras este venres ás 20:00.

O libro conta con fotografía a toda cor, algunhas antigas facilitadas por veciñanza da zona, e ten un prezo de venta de 15 €. Pódese adquirir na páxina web www.proencialibros.com da Libraría da Proencia, ademais de no propio acto de presentación ou na vindeira Feira da Rosca de Sober, o 12 de agosto, ou no propio día da romaría de Cadeiras, o 8 de setembro, lugares onde haberá stand da libraría, ademais de poder pedilo en librarías de Monforte.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...