HomePolíticaO sur de Lugo tamén loitará contra a plantación ilegal de eucaliptos

O sur de Lugo tamén loitará contra a plantación ilegal de eucaliptos

Esta plataforma servirá para denunciar todos aqueles casos de plantación ilegal de eucalipto e falar dos diferentes modelos agrícolas da zona, para incenivar a creación de emprego e o aumento da poboación.

Publicado o

- Advertisement -

A eurodeputada galega Lídia Senra,  e  a  deputada  no Parlamento Galego, Paula Vázquez Verao, promoveron a constitución dunha plataforma por un sur de Lugo libre dos eucaliptos.

A idea desta plataforma xorde despois da denuncia que fixeron Lidia Senra e Paula Verao en diferentes intitucións, sobre plantación de eucaliptos despois dos incendios, en outono de 2017 na parroquia de  Chavada. Estas plantacións realizaronse sen permiso e sen ningún tipo de regulación por parte da Xunta.

Despoís de esa denuncia fixerse unha reunión para ver que se podería facer para solucionar este problema e  saliu  a idea de convocar unha plataforma aberta para denunciar os casos de plantacións ilegais e así, entre outras cousas, poder defender os Distritos Forestais VII, VIII e IX da plantación de eucaliptos, ademais de falar tamén de modelo agrícola que se pode usar para diferentes zonas do sur de Lugo e conseguir un aumento da  poboación e a creación de emprego, xa que a zona segue sendo unha das zonas máis envellecidas.

Estas  plantaformas funcionan con comunicados cada certo tempo pero tamén a través das redes sociais que permite ter comunicación constante. A idea é poñela en marcha este venres día 9 de novembro, na reunión que se convocou no Centro do Viño ás 20:00 horas.  Promoven esta xuntanza de cara a poder organizar mellor a reunión, agradecen a confirmación de asistencia enviando unha mensaxe ou chamando ao teléfono 698 120 268.

Tanto Paula  Verao como Lida Senra, como deputadas, seguirán levando todos os temas que teñan que ver coas plantacións ilegais de eucalipto e todo aquilo que vexan que non se  axusta á normativa vixente.

 

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...