HomeDeportesTres días de deporte e cultura no X aniversario do DHU de...

Tres días de deporte e cultura no X aniversario do DHU de Sarria

Este veres arrincou a décima edición do Descenso Urbano Vila de Sarria, unha edición especial, que integra a gastronomía local e a cultura a un evento que goza de recoñecementos como mellor evento deportivo de Galicia. Dánse cita máis de 200 participantes que compiten tanto nunha disciplina "mini" adaptada aos máis pequenos que se dan cita este sábado pola mañá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O groso do descenso espera este ano ser o máis espectacular de tódalas edicións no que deportistas profesionais como Edgar Carballo, Toni Ferreiro, Marco Veiga, Eva Castro ou o portugués José Borges pelexaran na xornada do domingo por intentar ser os máis rápidos en descender por o espectacular circuito que percorre o pobo da Vila de Sarria dende O Campo da Feira ata a Illa do Malecón. Desde o venres cóntase cunha zona gastronómica ubicada na zona do Podium (próximo a Avenida) na que se poderá degustar da man de cociñeiros especializados un variado menú de productos locais.

Despois da actividade do ventes este sábado comézase co miniDHU con adestramentos de 09.30 a 11.00 e carreira as 11.15. Os adestramentos oficiais do DHU serán das 16:00 ás 20:00. Ás 20:30 na zona do Podium haberá un show da man de Juanda Peña (2 veces bronce do mundo en trial con bicicleta) e Victor Palomares (campión de España de moto de trial). Ás 22:00 Sila Lua que vén de facer unha xira espectacular parando no Son do Camiño, Mad Cool, entre outros, fará parada na vila de Sarria. Posteriomente actuará Youcanthide para dar paso ao set do DJ local Jor Ginho.

A xornada do domingo arrincará cos adestramentos do DHU de 10:00 a 14:00, ás 12:00 os máis cativos poderán participar nun obradoiro, totalmente de balde, para experimentar co graffiti, ubicado na zona Podium. A xornada pechará da mellor maneira, cunha ronda clasificatoria as 16:00 da tarde para dar paso a esperada final na que os máis rápidos se coroarán como campións do X DHU Vila de Sarria. Cóntase con pantallas xigantes ubicadas polo circuito e retransmitido por un speaker para que ninguén perda detalle. A organización sintese moi agradecida pola colaboración do patrocinador principal Concello de Sarria e os patrocinadores institucionales Deputación de Lugo e Xunta de Galicia

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...