HomesociedadeDomingo de baile na Pista de San Clodio

Domingo de baile na Pista de San Clodio

A nova xerencia do Hotel-Restaurante Las Vegas de San Clodio impulsa a terraza, outrora pista de baile. A coñecida Pista era lugar de encontro de amantes do baile para as fins de semana, principalmente os domingos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co obxectivo de aproveitar o potencial desta terraza quérese recuperar a filosofía de baile daqueles tempos e nas noites dos sábados estanse a facer actuacións en directo e os domingos en sesión de tarde noite animacións musicais para provocar o baile.

Este sábado 29 actuaba o músico Rober Carcos e para o domingo contarase co animador monfortino e DJ Rafa Aguiar, “pinchadiscos que está causando sensación na pista de San Clodio sendo esta a súa 3ª sesión”, sinalan desde a xerencia. O baile empeza ás 20:30 h. e prolongarase por unhas 3 horas.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...