HomesociedadeAgora amplía, cun modelo híbrido, a súa flota de transporte adaptado

Agora amplía, cun modelo híbrido, a súa flota de transporte adaptado

A asociación AGORA de Persoas con Discapacidade de Monforte de Lemos, entidade que forma parte de COGAMI, dispón dun novo vehículo adaptado que se suma á flota de transporte que ten a entidade para trasladar ás persoas usuarias do seu centro de día e ocupacional, permitíndolles acudir aos talleres ademais de recibir as súas terapias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Agora é unha entidade sen ánimo de lucro que xurde no ano 1992 coa misión de defender os dereitos das persoas con discapacidade da comarca de Lemos, para acadar unha plena participación na sociedade. Actualmente conta con 89 persoas asociadas e atende diariamente nos diferentes programas e servizos que desenvolve, a 32 persoas con discapacidade.

Este novo vehículo conta con 9 prazas das que 4 están adaptadas para persoas con mobilidade reducida. Outra das características é que se trata dun medio de transporte híbrido, supoñendo, ademais dun importante aforro en combustible, dar resposta ao compromiso que a entidade ten no proceso de redución da pegada de carbono.

Mellóranse así as demandas de transporte que se precisan para trasladar ás persoas usuarias ata as actividades que desenvolven no centro de día para persoas con discapacidade física e tamén ao centro ocupacional para persoas con discapacidade intelectual. O novo vehículo está subvencionado pola Consellería de Política Social e Xuventude a través dos fondos Next Generation da Unión Europea dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....