HomePolíticaO BNG presenta unha Proposición non de lei esixindo a mellora e...

O BNG presenta unha Proposición non de lei esixindo a mellora e reparación do Regadío Val de Lemos

A deputada do BNG no Parlamento Galego Carme Aira presenta, a iniciativa do BNG do Concello de Bóveda, una Proposición non de lei, esixindo a mellora e reparación do Regadío Val de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG ten rexistrado e defendido no Parlamento de Galicia nas últimas lexislaturas, distintas iniciativas sobre o regadío do Val de Lemos e lamentan que non se teña feito nada, “Varios miles de hectáreas de terras produtivas atópanse neste momento nun estado xeneralizado de abandono, forestadas e cun despilfarro de auga no entorno dos canais principais e secundarios que as están deteriorando por exceso, de feito están asolagadas de xeito continuado, mentres outras non producen por defecto de regadío”, sinalan desde o BNG.

Aseguran que se ven afectadas zonas produtivas dos concellos da Pobra do Brollón, Bóveda ou Monforte, cunha infraestrutura do regadío que está absolutamente deteriorada, “como coñece a Confederación Hidrográfica, perdendo milleiros de litros de auga forma auténticos regatos nos que a auga se perde, xa que non regan terreos produtivos.”

Denuncian que a maleza ocupa a contorna das canalizacións de auga, que os peches das saídas da
canles están deteriorados ou que algúns dos canais principais que discorren paralelos ás pistas non teñen sinalización de perigo. Aseguran que o transcurso do río despois da presa de Vilasouto está completamente cheo de toros de árbores que atrancan o río e incluso a presa de regadío do “azud” de Barxa e consideran que a confederación hidrográfica só ten cun mantemento adecuado a área recreativa do encoro de Vilasouto.

“Nesta época do cambio climático, de secas pertinaces, e de futura escaseza de auga, non é xustificábel que a confederación permita km de camiños anegados de auga, a zona de regadío chea de maleza e arboredo, ou territorio desperdiciado, mentres o río Mao, por baixo da presa, está morto para nada”, apuntan os nacionalistas.

Consideran imprescindible que se tomen responsabilidades políticas inmediatas para botar man deste regadío para optimizar a produtividade das hectáreas regables. Consideran prioritario resolver a situación da comunidade de regantes, “para o que a Confederación debe conxuntamente co goberno da Xunta actualizar o censo de regantes, renegociar as condicións e cotas de pago, e condonar a débeda acumulada simplemente porque ningunha das administracións foi dilixente dando garantía xurídica a esta comunidade de regantes.”

Para o BNG a Xunta non pode permanecer impasible mentres se está cometendo un profundo atentado medioambiental coa auga do río Mao, mentres non posibilita a produción alimentar de 5000 hectáreas que agora mesmo na súa maioría son improdutivas.

O BNG insta así ao Goberno da Xunta a negociar coa Confederación Hidrográfica unha saída para a comunidade de regantes do regadío do Val de Lemos que condone a súa débeda; instar á CHMS á reparación das infraestruturas de regadío de xeito inmediato, supervisar o estado das zonas de dominio do regadío para exixir da CHMS a limpeza do entorno das canles de regadío e do propio curso do río se procede, e poñer a producir a totalidade das hectáreas programadas inicialmente no Val de
Lemos con axudas para a deforestación, limpeza e posta a punta dos territorios destinados á produción agraria.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...