HomesociedadeMargaride celebra a súa XI Festa do Ouro

Margaride celebra a súa XI Festa do Ouro

Todo preparado nesta aldea de Quiroga para a súa celebración castrexo-romana que terá lugar este sábado 19 de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

Margaride de Lor é unha localidade quiroguesa que conserva as galerías dunha antiga mina de ouro empregada daquela polos romanos, un feito que levou á veciñanza a celebrar a Festa do Ouro.

A celebración, que chega este ano á súa XI edición e estivo dous anos sen facer por mor da pandemia, ten lugar na segunda quincena de agosto e conta cunha ambientación romana e castrexa moi enxebre ademais dun programa de carácter festivo e cultural moi interesante.

A veciñanza, a través da Asociación de Veciños e Veciñas de Margaride, fai posible que a súa aldea no conxunto e a zona das covas en particular, estean engalanadas con motivos romanos e que a xente que participa desta romaría histórica o pase en grande o día da celebración. Este ano será o sábado 19 de agosto e o tradicional xantar popular conta, segundo nos contaron da organización, con preto dun cento de persoas apuntadas.

Veciños/as caracterizados de romanos. Foto: A.V. Margaride.

PROGRAMA

As actividades comezan ás 11:30 h. cunha Misa en Latín e ás 12:00 h. farase a visita ás adegas co acompañamento do grupo tradicional O Recanto.

Ás 14:30 h. terá lugar xa o xantar popular no campañento castrexo-romano que os propios veciños e veciñas montan días antes para a ocasión. Haberá polbo e churrasco e outras viandas para os que se anotaran previamente.

Xa pola tarde, a partires das 18:00 h. xogos entre castrexos e romanos para todas as idades: chave, carreira de sacos, busca do ouro…

Castrexo turrando do rolo. Foto: Veciños Margaride.

Chegando á noitiña, ás 21:00 h. aperitivo festeiro con DJ Kola e ás 22:00 h. cea popular na que a veciñanza convida a empanada, chourizos e roscón.

Como remate, ás 23:00 h. haberá escenificación teatral de rituais celtas coa participación de xente do Teatro de Salcedo. Participará un Druída, bautizaranse dous pequenos e farase o ‘rito da boa sorte’ e unha Queimada. A partir das 00:00 h. verbena final.

ÚLTIMAS

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...