HomeCulturaUn monfortino no Museo Provincial de Lugo

Un monfortino no Museo Provincial de Lugo

O legado de Julia Minguillón no Museo Provincial de Lugo vense de ampliar con dúas obras máis, doadas polos fillos dos retratados. Un retrato de Rosa Piño Pérez que fóra pintando en Lugo en 1951 e outro do seu marido, o militar monfortino, Modesto Pérez Prieto que xa aparecía na tese doutoral de María Victoria Carballo Calero que fora publicada pola Fundación Barrié de la Maza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial vén de recibir a doazón destas obras que pasan a ampliar a sala dedicada á artista e servirán tamén para traballar a educación en igualdade e as relacións nas diferentes comunidades.

As dúas obras de grandes dimensións e dunha exquisita calidade técnica forman parte xa do patrimonio da Rede Museística Provincial e no Museo Provincial de Lugo poderase gozar delas a partir de agora. A xerente da RMPL, Encarna Lago, destaca a importancia que ten para a Rede completar a colección desta artista tan importante na historia da arte feminina. Así a figura de Julia Minguillón servirá para revisar a nosa arte e a arte de ser muller. As súas obras e traxectoria serán base para educar en igualdade e seguir tecendo redes coas distintas comunidades, promover a convivencia e revalorizar os conceptos de familia.

A pintora, Julia Minguillón naceu en Lugo en 1906. Cunha bolsa de estudos da Deputación de Lugo, estudou na Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid. Contemporánea de Maruja Mallo e Elena Gago, nadou no vangardismo. Co seu estilo figurativo e realista, pintou paisaxes, escenas cotiás, obras relixiosas e retratos da élite da sociedade galega, especialmente nos anos corenta e cincuenta, mostrando co seu pincel o gusto da España da posguerra.

En 1941 Julia Minguillón convértese na primeira muller en conseguir medalla na exposición nacional de Belas Artes coa obra Escuela de Doloriñas, que o Estado adquiriría para formar parte das colección do Museo de Arte Moderno. No 1962 por orde ministeriral, o cadro chega ao Museo Provincial de Lugo, que hoxe conta cunha sala adicada á súa obra.

Encarna Lago e Blanca Besteiro, restauradora do Museo Provincial de Lugo, con José Manuel Pérez Piño na recepción das obras, en Madrid.

ÚLTIMAS

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...

Este 16 de xaneiro preséntase en Chantada “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza para este venres, 16 de xaneiro, a...