HomeMedio ambiente e PatrimonioQue medidas se toman nas áreas afectadas polos incendios do Courel do...

Que medidas se toman nas áreas afectadas polos incendios do Courel do ano pasado?

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, mantivo un encontro este martes pola mañá con axentes sociais do Courel para abordar as conclusións do proceso participativo para a recuperación e xestión das áreas con recorrencia de incendios forestais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As mesas de traballo previas desenvolvéronse, aparte do Courel, nas zonas do Barbanza, do Macizo Central Ourensán, Valdeorras e Verín. Así, abranguen unha superficie de 17 concellos e máis de 245.000 hectáreas de terreo. O obxectivo é avanzar en distintas fases para recuperar e poñer en valor estas zonas.

Realizáronse un total de 132 entrevistas e 10 encontros de intercambio con máis de 60 axentes destas áreas, como cargos e técnicos de diferentes administracións, empresas xestoras, axentes forestais, profesionais da madeira, gandeiros, comuneiros e cidadanía en xeral. Os principais obxectivos, a compilación de propostas de uso e xestión do territorio, dende os puntos de vista forestal, agrogandeiro, ambiental e social-recreativo, identificar os axentes interesados en levar a cabo propostas, así como priorizar as áreas de actuación de cara a mellora da resiliencia fronte ao lume.

O taller de hoxe tiña por obxectivo presentar as máis de 200 propostas recollidas, e avanzar na súa priorización segundo urxencia, así como na recollida de novas propostas no caso de detectar outras necesidades.

No caso concreto do Courel traballarase nos concellos de Folgoso, A Pobra do Brollón, Quiroga, Samos e O Incio. Esta zona foi unha das máis afectadas polos lumes do 2022, con áreas que na súa meirande parte pertencen a montes de xestión pública. Coa información recollida formuláronse unha serie de propostas de actuación. Contémplanse cuestións coma a valoración dos cambios de especies forestais, para mellorar as resiliencia fronte ao cambio climático e os lumes forestais; propiciar a xestión activa e o control da biomasa, contemplando o gando como medio de xestión do territorio ou facilitar e fomentar a recuperación de soutos e doutras masas frondosas autóctonas.

Tamén se levarán a cabo actuacións de carácter institucional, como a implementación da execución de labores preventivos en diferentes montes veciñais en man común ou o fomento do asociacionismo e a xestión continua. Valoraranse outras propostas relacionadas coa plantación de árbores froiteiras, a rehabilitación de vivendas ou o aproveitamento de zonas vitícolas de alto valor.

Fondo público-privado para anticiparse aos incendios

O conselleiro fixo fincapé na planificación estratéxica posta en marcha polo Goberno galego, que implicará unha acción integral no territorio. Para levar isto a cabo, tal e como indicou José González, cóntase coa colaboración aberta pola Xunta para crear un novo fondo público-privado para anticiparse aos incendios.

Neste sentido, agradeceu a incorporación de Inditex a este fondo, cunha achega de 9 millóns de euros, que permitirá intervir en 26 concellos e beneficiar a unhas 118.000 persoas. Este fondo naceu co fin de crear un territorio resiliente ao lume, restaurar os espazos afectados e levar a cabo unha política de xestión da paisaxe centrada na prevención.

O fondo permitirá realizar unha planificación transversal da área rural afectada delimitada polo seu perímetro natural, dando prioridade aos labores de prevención de incendios, ao tempo que se procurará a implantación de actividade agrogandeira e forestal sostible para apoiar a poboación local. Este proxecto tamén contempla actuacións para impulsar a creación de descontinuidades na vexetación e nas masas arbóreas das zonas rurais afectadas polo lume, para evitar futuros incendios e reducir o seu impacto ambiental e socioeconómico.

Conselleiro Medio Rural axentes Courel / Consellería do Medio Rural

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...