HomesociedadeParadela remata o 31 de agosto as viaxes á praia

Paradela remata o 31 de agosto as viaxes á praia

Todos os xoves de xullo e agosto o concello de Paradela organizou viaxes á praia. A última será este xoves, 31 de agosto, a San Cibrao, na Mariña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Paradela completa o calendario de viaxes á praia este 31 de agosto. A saída será ás 8:30 da mañá de diante do mercado gandeiro. As persoas que desexen particicipar deberán anotarse previamente no concello antes das 14:00 do día 30.

As persoas empadroadas maiores de 14 anos teñen que abonar un prezo de 7€. As non empradroadas pagan 12€ a apartir dos 14 anos e as menores desa idade, 6€. A actividade está confinanciada polo concello e non inclúe a comida que correrá por conta dos interesados.

Durante este verán viaxouse ás praias de Pontedeume, Miño, Foz, Ribeira, Montalvo, Viveiro, Boiro e Ares, para rematar o xoves en San Cribrao.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...