HomeCulturaFin de semana de música nos Peares, achegando a música á Ribeira...

Fin de semana de música nos Peares, achegando a música á Ribeira Sacra

Os días 2 e 3 de setembro a Agrupación Musical do Rosal levará música aos Peares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os integrantes da Agrupación Musical do Rosal (O Rosal, Pontevedra) darán un concerto de grupos de cámara no exterior do Consorcio Local Os Peares este sábado, 2 de setembro, ás 20:00 horas e, o domingo ás 12:00, uns 40 músicos amenizarán o centro da Peroxa cun pasarrúas.

A asistencia é libre e gratuíta. Os mozos e mozas da banda pontevedresa gozaron dunhas xornadas de convivencia na Ribeira Sacra, facendo música, coñecendo a natureza e o patrimonio, e realizando actividades de tempo libre. Todo iso grazas ao apoio da Dirección Xeral de Xuventude a través do programa Iniciativa Xove.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...