HomesociedadeA LU-651 estará cortada a partir do mércores polas obras na ponte...

A LU-651 estará cortada a partir do mércores polas obras na ponte sobre o río Lor en Folgoso

O corte total da estrada estará activo desde as 09.00 horas do mércores ata o domingo ás 18.00 horas, aproximadamente.

Publicado o

- Advertisement -

A LU-651 estará cortada a partir do próximo mércores con motivo das obras de reforzo na ponte sobre o río Lor, en Folgoso. O corte total da estrada estará activo desde as 09.00 horas do mércores ata o domingo ás 18.00 horas, aproximadamente.

Así o informou a Xunta, nun comunicado, que explicou que as actuacións son necesarias para reforzar a seguridade e a vialidade de forma eficiente na ponte, debido ao incremento de tráfico pesado polas obras de mellora da estrada entre Ferrería Vella e Seoane do Courel.

Estes traballos preventivos desenvolveranos na ponte á altura do punto quilométrico 27,18. Con todo, para facilitar o desprazamento entre Folgoso do Courel e Seoane durante o corte haberá itinerarios alternativos.

Desta forma, poderán tomar en Folgoso a estrada LUP-4701, cruzar o río Lor na ponte de Baldomir, e a 4,5 quilómetros, collendo o desvío por unha estrada local cara a Eiriz e Lousadela, onde se tomaría a LU-P-1306 cara á Seceda e Sobredo ata volver á LU-651, á altura de Mogoxe.

Para acceder a Seoane, especialmente os vehículos pesados, tamén poden optar por diferentes percorridos. Poderán acceder pola estrada provincial LU-P-1301 que entra no concello polo norte, procedente de Hospital, en Pedrafita do Cebreiro. Tamén poderán chegar pola LU-P-5601, por Lóuzara e Meiraos. Outra ruta sería a LU-P-1303, que provén do leste e do sur, procedente de Quiroga, por Ferramulín, Hórreos e Visuña.

Os accesos tanto a Ferreirós de Arriba como a Ferreirós de Abaixo desde Folgoso do Courel non se ven afectados. Da mesma forma, os accesos desde Seoane á Ferrería Nova, Ferrería Vella e Mercurín tamén permanecen operativos.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...