HomesociedadeTouriñán ofrecerá un monólogo na festa de Brosmos, en Sober

Touriñán ofrecerá un monólogo na festa de Brosmos, en Sober

Será este día 2 de setembro e dentro dun amplo programa que a comisión de festas fixo posible grazas ao patrocinio de Estrella Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Santa Cruz de Brosmos, en Sober, celebra estes días a súa festa na honra da Virxe do Carme. A programación comezou o venres 1 de setembro cun concurso de sobremesas caseiras, unha pancetada e a actuación dun dúo, mentres que para o sábado e o domingo están programadas diferentes actividades para todas as xeracións.

Desas actividades para a fin de semana cómpre destacar que a veciñanza terá o privilexio de contar co humorista Xosé Touriñán o sábado ás 21:00 h. interpretando un monólogo, e que o pregoeiro será o expresidente e fundador do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez González.

A chegada do humorista galego, así como o resto de propostas que inclúe o programa: ofrenda aos músicos da Banda de Santa Cruz de Brosmos, actuación da Banda de Sober, inchables, tiro con arco, partido de fútbol, ruta de bicicletas de montaña, orquestra Florida, alborada dos grupos tradicionais Érbedo e Os teixeiras, actuación do grupo Trícole… son posibles grazas á empresa cervexeira Hijos de Rivera.

Baixo a iniciativa ‘A Nosa Verbena’ esta empresa galega apoia economicamente a recuperación e celebración de festas populares valorando para iso varios condicionantes como a programación, o compoñente de despoboamento rural, a recuperación de tradicións, etc. A proposta desta parroquia soberina conseguiu ser seleccionada entre 200 candidaturas.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...