HomeMedio ambiente e Patrimonio‘I Xornadas de Desenvolvemento Rural do Imposible ao Posible’, o 23 e...

‘I Xornadas de Desenvolvemento Rural do Imposible ao Posible’, o 23 e 24 de setembro na Estación Científica de Seoane do Courel

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel organiza na Estación Científica de Seoane do Courel os días 23 e 24 de setembro as ‘I Xornadas de Desenvolvemento Rural do Imposible ao Posible’ no marco das actividades vencelladas á celebración do 25 aniversario da asociación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As xornadas incluirán palestras e mesas redondas orientadas á transmisión de recursos, experiencias e coñecemento a persoas interesadas en desenvolver iniciativas produtivas e vitais no rural. Exporanse proxectos profesionais e vitais asentados en territorios rurais, iniciativas comunitarias como a da Comunidade de Montes de Carballo, que fai unha aposta polo aproveitamento silvopastoril do monte ou a Asociación de Gandeiros da Fonsagrada, que promove os circuítos curtos de comercialización e o consumo local a través da creación de plataformas locais.

Ademais, haberá proxectos de produción e transformación agroalimentaria e experiencias de promoción do turismo sustentable e dinamización local. Tamén serán obxecto de debate e análise as diferentes estratexias de desenvolvemento territorial promovidas polos Grupos de Desenvolvemento Local da contorna ou os servizos de promoción do emprendemento a partir das testemuñas de persoas expertas de distintos niveis da administración.

As xornadas tamén se aproveitarán para estrear o documental ‘Doe o Courel’ (o sábado 23, ás 18:00 horas). O filme dirixido por Xacobe Meléndez Fassbender, narra, a través das voces de Óscar Carrete e Sonia García -veciños do Courel- as súas vivencias e percepcións tras a vaga de lumes acontecida en xullo de 2022, que arrasou con máis de 13.000 hectáreas de superficie. Trala proxección abrirase un espazo para o debate e o intercambio sobre a realidade forestal do país.

A actividade, que conta coa axuda da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo no marco do convenio asinado para apoiar o conxunto de accións desenvolvidas arredor do 25 aniversario, pretende xerar diálogo entre diferentes iniciativas de emprendemento e fomentar os coñecementos e recursos das persoas emprendedoras en territorios de montaña. A inscrición nestas xornadas é gratuíta e pode tramitarse a través do correo xornadascourel@gmail.com ou no teléfono 622834164.

ÚLTIMAS

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...