HomesociedadeA Xunta inicia o procedemento de investigación da titularidade de inmobles na...

A Xunta inicia o procedemento de investigación da titularidade de inmobles na aldea modelo de Francos de Proendos

Como paso previo ao inicio deste expediente de investigación, consultouse a información catastral, o rexistro da propiedade e, en colaboración co concello, recolleuse a documentación aportada polos veciños e titulares dos predios de Francos de Proendos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o día 6, o anuncio do comezo do procedemento de investigación de titularidade de inmobles por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na aldea modelo de Sober. Estes expedientes lévanse a cabo dentro dos traballos de desenvolvemento das aldeas modelo. A de Francos de Proendos, no concello de Sober, estase a traballar nunha superficie de preto de 13 hectáreas distribuídas en 119 parcelas de 70 titulares catastrais. Co procedemento que se vén de publicar, vaise clarexar a titularidade de 16 parcelas.

O inicio dos expedientes serán trasladados ás diferentes administracións para que se difundan o máximo posible e estarán expostos durante un prazo de 20 días. A continuación, rematado dito prazo de exposición, as persoas afectadas poderán alegar durante un período dun mes, a maiores. Para facelo, deberán achegar os datos, antecedentes ou documentos que consideren pertinentes para fundar o seu dereito, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. A Lei recolle distintas opcións de acreditar e demostrar a titulariades dos predios.

O procedemento da investigación da titularidade é unha das grandes novidades da Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia, na que se regulou un procedemento que atribúe por primeira vez ao Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia a facultade para investigar a situación de inmobles existentes en solo rústico ou en solo de núcleo rural dos que non se teña certeza sobre a súa titularidade.

Así, na procura da maior seguridade e rigor nos traballos, empézase a realizar este labor naqueles lugares nos que existen instrumentos de recuperación da terra en avanzado estado de desenvolvemento -caso desta aldea modelo, ou de determinados polígonos agroforestais nos que se vai implementar a partires de agora-.

As parcelas suxeitas a este procedemento de investigación son integradas transitoriamente no Banco de Terras para poder poñelas en produción dentro deste instrumento de recuperación de terras. Evítase así o deterioro dos predios e o risco ambiental que supón a súa situación de abandono, ao tempo que se posibilita o seu aproveitamento agrario. Esta integración cautelar non supón a perda de dereitos por parte de posibles titulares, xa que en caso de aparición da persoa titular do predio se lle fará entrega deste e das rendas derivadas polo seu arrendamento.

ÚLTIMAS

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...

Xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido

Arias participou na inauguración das xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido, onde...