HomeEconomíaDo 14 ao 21 de setembro "Mercar no comercio de Sarria ten...

Do 14 ao 21 de setembro “Mercar no comercio de Sarria ten premio”

O CCU de Sarria - ACES en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación, poñen en marcha a campaña de dinamización "Mercar no teu comercio ten premio".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mercar no comercio de Sarria entre o 14 e o 21 de setembro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio desta vila. 

Así, todos os clientes de Sarria que realicen compras por importe mínimo de 10 euros nos establecementos asociados, que nesta ocasión participan uns 65 negocios, entre o 14 e o 21 de setembro, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios.

Este sorteo terá lugar o xoves 21 de setembro, ás 19.00 horas na Rúa da Liberdade. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 16.00 horas nesta mesma praza. 

Dende esa hora, todos os clientes poderán ademáis optar a un agasallo directo participando na Ruleta da Fortuna da Federación de Comercio. A partir das 18.00 horas haberá tamén animación infantil. 

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...