HomesociedadeA oficina móbil Acelera PEME, que asesora en dixitalización ás empresas, visitará...

A oficina móbil Acelera PEME, que asesora en dixitalización ás empresas, visitará Monforte e Bóveda este 18 de setembro

Esta oficina móbil da Deputación Provincial estará ubicada na praza da Compañía de Monforte, e ofrecerá asesoramento especializado a partir das 12:30 horas a autónomos ou propietarios de pequenas e medianas empresas que precisen impulsar a dixitalización dos seus negocios e proxectos empresariais. As visitas seguirán durante as próximas semanas a outros concellos da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta aula móbil, os interesados nestes servizos de carácter totalmente gratuíto, contarán co asesoramento de dinamizadores dixitais, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas que precisen para unha consulta individualizada.

Algúns dos servizos gratuítos do programa Acelera Peme que se ofrecen son os seguintes:

  • Servizo de acompañamento dixital individual e personalizado.
  • Análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa.
  • Apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio.
  • Consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…)
  • Apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.

Coa oficina móbil, a Deputación reforza a actividade que xa se vén desenvolvendo no marco deste proxecto co traballo de 7 axentes dixitais que se moven polas diferentes comarcas e coas oficinas abertas nos concellos de Viveiro, Lugo, A Fonsagrada, Láncara, Monforte e Vilalba.

Neses encontros coas empresas estudan a situación da que parte cada unha delas e buscan ferramentas que encaixen coa súa actividade para beneficiar o seu volume de negocio. Por exemplo, axúdanlles a crear redes sociais e impulsalas para que teñan máis seguidores, tamén á posta en marcha de Whatsapp Business para que interactúen coa súa clientela ou implantan solucións dixitais específicas do seu sector que son moi útiles para os negocios.

Calendario da oficina móbil no sur de Lugo

Luns, 18 de setembro:

  • Bóveda – 10.30 horas
  • Monforte de Lemos– 12.30 horas

Mércores, 20 de setembro:

  • Láncara – 10.30 horas
  • O Páramo – 12.30 horas

Luns, 25 de setembro:

  • Carballedo – 10.30 horas
  • Chantada – 12.30 horas
  • O Saviñao – 16.00 horas
  • Taboada – 18.00 horas

Luns, 9 de outubro:

  • O Incio – 10.30 horas
  • Samos – 12.30 horas
  • Triacastela – 16.00 horas

Xoves, 19 de outubro:

  • Ribas de Sil – 10.30 horas
  • Quiroga – 12.30 horas
  • Folgoso do Courel – 16.00 horas

Xoves, 9 de novembro:

  • A Pobra do Brollón – 10.30 horas
  • Pantón – 12.30 horas

Martes, 21 de novembro:

  • Paradela – 10.30 horas
  • Sarria – 12.30 horas
  • Sober – 16.00 horas

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...