HomeDeportesO Quixós volve de Dumbría con 12 medallas e mellor club por...

O Quixós volve de Dumbría con 12 medallas e mellor club por equipos

Foi o sábado 16 de setembro na quinta Copa Galega de Promoción de Eslalon que tivo lugar en Olveira, Dumbría.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As promesas do Club Quixós de Monforte de Lemos veñen de conquerir doce medallas individuais e unha colectiva, proclamándose campións por equipos .

En canoa, na categoría alevín, deuse un pódium con tres deportistas do club monfortino: Xoel Fernández foi medalla de ouro, Rodrigo Morillo, prata, e Lucas Pavón, bronce.

Santi Díaz, recollendo o trofeo de Campión por equipos. Foto: Quixós.

En canoa, categoría infantil, Sara Inés Varela quedou primeira e Martín Prats foi segundo.

En kayak, na categoría prebenxamín, Breixo Fernández competía só e levou un ouro, mentres que en benxamíns Antón Liñares e Abril Fernández fixeron o propio subindo ao máis alto do pódium.

Tamén en kayak, na categoría de alevíns, Xoel Fernández acadou unha prata; mentres que en infantís Martín Prats alcanzou o ouro, Sara Inés Varela prata e África Guitián bronce.

Deportista do Quixós encarando unha das portas do percorrido. Foto: XMF

ÚLTIMAS

A Galiña de Mos chega con actividades formativas ao CEIP de Monforte

A iniciativa achega ao alumnado o ciclo de incubación e nacemento dos ovos ao...

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...