HomesociedadeXornada para dar a coñecer aos nenos e nenas a agricultura ecolóxica

Xornada para dar a coñecer aos nenos e nenas a agricultura ecolóxica

Foi o venres 22 de setembro na xornada conmemorativa do Día Europeo da Agricultura Ecolóxica organizada polo CRAEGA en Monforte. No acto tamén se presentou o libro "Os Bolechas, os alimentos ecolóxicos", houbo unha actuación musical e estivo presente o propio autor da publicación, Pepe Carreiro, que debuxou aos recoñecidos personaxes en directo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; a primeira tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada; o Director de AGACAL, José Luis Cabarcos; e o presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Francisco López Valladares, participaron este venres 22 de setembro na xornada conmemorativa do Día Europeo da Agricultura Ecolóxica. No acto aproveitouse para presentar o libro Os Bolechas, os alimentos ecolóxicos, publicación impulsada polo devandito organismo.

A devandita xornada estaba organizada polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) e contou coa participación de máis de 400 nenos e nenas de centros educativos de Monforte que encheron o Auditorio do Edificio Multiusos.

Gloria Prada resaltou os valores que a Agricultura Ecolóxica ten na sociedade, “pois os produtos do campo son fundamentais para a nosa alimentación, para comer de forma saudable, e especialmente os certificados como ecolóxicos”, pediulle á cativada que aprezara o valor e sabor dos produtos ecolóxicos e agradeceu a iniciativa do CRAEGA organizando a xornada.

Pola súa parte, o deputado provincial Pablo Rivera Capón animou aos máis pequenos a plantar e traballar os seus propios alimentos, e coñecer como facelo dun xeito ecolóxico, destacando a importancia destes recursos educativos para fomentar entre os nenos e nenas o coidado do planeta e o desenvolvemento sostible.

No transcurso do acto, tras as intervencións das autoridades, tivo lugar a presentación do libro, houbo unha actuación de rock infantil e familiar a cargo de Pakolas, apareceron Os Bolechas e tamén o propio autor da publicación, Pepe Carreiro, quen debuxou a estes recoñecidos personaxes en directo. 

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...