HomeDeportesO Quixós volve de Mondariz co campionato galego Xunta de Galicia de...

O Quixós volve de Mondariz co campionato galego Xunta de Galicia de promesas

O pasado domingo 24 de setembro celebrouse a VI proba de promoción slalom de piragüismo, proba que decidía tamén os campións e campioas galegas. O club monfortino acadou 11 medallas individuais e o trofeo que o acreditaba como campión por equipos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Praia do Val, en Mondariz Balneario, foi o escenario onde tivo lugar a VI proba do Promoción Slalom 2023, competición que serviu tamén para decidir as mellores e os mellores piragüistas individuais e o mellor equipo da tempada.

A concorrencia de deportistas que achegou cada un dos clubs participantes foi moi grande, preto dos 100, sabedores de que se xogaba o Campionato Galego da Xunta de Galicia. A auga estaba lenta e dura, condicionando aos piragüistas a un maior esforzo para acadar os mellores tempos posibles en dúas mangas de competición.

MEDALLEIRO DO CLUB QUIXÓS

Ademais do trofeo ao mellor Club, o Quixós pode presumir de ter acadado 6 campións e campioas galegos/as que xunto con outras/os que subiron ao podium alcanzaron un total de 11 medallas.

O medalleiro quedou como segue:

En C-1 (canoa) alevín home, Xoel Fernández foi ouro e Rodrigo Morillo, prata. En C-1 infantil, Martín Prats e Sara Inés acadaron dúas pratas.

En K-1 (kayak) prebenxamín, Breixo Fernández acadou un ouro; en benxamín Antón Liñares foi ouro, e Mateo Valladares bronce; en alevín Xoel Fernández trouxo unha prata e Martín Prats un ouro en infantil. En benxamín feminino Abril Fernández quedou coa medalla de ouro, e outro tanto fixo Sara Inés en infantil.

Como anécdota, cómpre dicir que Sara Inés Varela e Martín Prats despedíanse nesta competición da tempada como promesas do club, pois na seguinte xa competirán en categorías superiores.

Sara Inés Varela, capioa galega 2023 de k-1 infantil. Foto: XMF.
Martín Pratas, campión galego 2023 de K-1 infantil / XMF

ÚLTIMAS

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...