HomePolíticaAutobuses entre Monforte e Lugo, saturados desde o inicio escolar

Autobuses entre Monforte e Lugo, saturados desde o inicio escolar

O Grupo Provincial Socialista denuncia os problemas que están a ter os usuarios e usuarias da liña de autobús que cubre o traxecto entre Lugo e Monforte de Lemos, saturado desde que comezou o curso escolar. Demandan á Xunta de Galicia que reforce o servizo, "porque o autobús que sae ás 7:00 horas da cidade do Cabe chega á Pobra de San Xiao xa sen prazas e con 8 paradas aínda por diante para chegar á capital da provincia."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas amosan como exemplo un vídeo que circula nas redes sociais, gravado este luns no interior do bus que cubre a ruta Lugo-Monforte ao seu paso pola Pobra de San Xiao, onde pode verse a varias persoas ocupando o corredor ante a falta de prazas. “Esta liña é moi empregada por rapaces e rapazas de Láncara, O Páramo, Sarria ou o Corgo para ir a cursar os seus estudos de bacharelato ou FP á capital da provincia ante a falta de alternativas nos seus municipios”, aseguran.

Este autobús, operador por Monbús, chega ás 7:48 horas á Pobra de San Xiao xa sen prazas para recoller ás persoas usuarias, a maioría estudantes, que se atopan na parada. Advirten os socialistas que “chegaron a quedar nesta parada ata 10 estudantes nas últimas semanas e que moitos teñen que coller o seguinte autobús, ás 9:00 horas, e chegar tarde as súas clases.”

O concello de Láncara levará a Pleno unha proposta de Alcaldía para instar á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a que oferte máis viaxes neste traxecto, denunciando que as liñas de autobuses aos distintos municipios do rural son cada vez máis escasas, “o que obriga a moitos a desprazarse en vehículos particulares e mesmo a quedarse en terra”.

Os socialistas elevaron tamén ao Parlamento autonómico a súa demanda para que a Xunta reforce, polo menos, a liña das 7:00 horas entre Lugo e Monforte de Lemos, que é a que xera máis problemas. Lembran que o caso da Pobra de San Xiao non é unha novidade, “con problemas ocasionados polos retrasos, reducións de frecuencias horarias, supresión de servizos sen previo aviso, falta de publicidade de horarios, falta de prazas nos autobuses,….”

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...