HomeEconomíaO IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financieiros que...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financieiros que organiza o Banco de España

Cinco alumnos de bacharelato do IES Río Cabe (Saleta Losada Cuervo, Alexandre Maceda Fernández , Sara Rodríguez Rodríguez, Sara Rodríguez Traveso e Miguel Vega López) acompañados polo profesor de Economía, Emilio López Mariño, acaban de clasificarse para a final deste concurso que organiza o Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado de Valores) e o Ministerio de Economía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os máis de 500 centros educativos inscritos no Programa de Educación Financeira puideron participar neste concurso que se celebra anualmente e a final do mesmo coincide co Día da Educación Financiera. Os coñecementos adquiridos polo alumnado póñense a proba mediante un concurso de preguntas e respostas sobre cuestións financeiras, mediante a celebración de distintas fases eliminatorias: as primeras delas foron on-line o curso pasado e as restantes presencialmente en distintas sucursais do Banco de España ou na sede da CNMV.

A gran final terá lugar o próximo luns (2-10-23), día este da educación financeira. Celebrarase en Sevilla e poderá presenciarse en directo e en streaming a través da páxina creada ao efecto para celebrar o Día da Educación Financeira.

Dende a Dirección do IES Río Cabe felicitan ao equipo polo seu bo facer, “Pase o que pase na final o éxito é absoluto. Desexámoslles toda a sorte na final do próximo luns representando a toda a comarca de Lemos.”

IES Río Cabe Concurso Coñecementos Financieros / IES Río Cabe

ÚLTIMAS

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...