HomesociedadeO Duque de Alba visitará Monforte, segundo lle confirmou a Tomé na...

O Duque de Alba visitará Monforte, segundo lle confirmou a Tomé na presentación en Madrid do último libro da historiadora, Manuela Sáez

A escritora e historiadora monfortina, Manuela Sáez, presentou este mércores en Madrid o seu último traballo, “Vida y obra del VII Conde de Lemos, Don Pedro Fernández de Castro". Ao acto acudiron o alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca e a 1ª tenente de alcalde, Gloria Prada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto, estiveron presentes entre outras moitas autoridades, o Embaixador de Italia en España, Giuseppe Buccino Grimaldi (que é napolitano), e o actual XXIII Conde de Lemos e XIX Duque de Alba, D. Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo, acompañado do seu fillo maior e próximo herdeiro, D. Fernando Fitz-James Stuart y Solís, XVII Duque de Huéscar, con quen o Alcalde aproveitou para departir sobre Monforte e a Ribeira Sacra, trasladándolle a invitación verbal que foi aceptada e que se formalizará proximamente.

Na intervención feita polo Duque de Alba durante a presentación do libro, este amosouse moi orgulloso de ostentar o título de Conde de Lemos, “xa que é un dos máis grandes e antigos da Casa de Alba”.

O concello de Monforte contribuíu na edición deste libro por ser “o VII Conde de Lemos, unha figura moi relevante dentro da historia monfortina, e que deixou unha profunda pegada en eidos tan importantes como a política, a sociedade ou a cultura.” O concello distribuirá exemplares da obra, que consta de dous volumes, na Biblioteca Municipal Poeta Lois Pereiro, así como nos diferentes centros educativos de educación primaria e secundaria de Monforte. “O resto de exemplares dos que dispón o concello serán entregados en visitas institucionais, debido a   que o VII Conde de Lemos é unha figura que debe ser dada a coñecer polo que significa dentro da historia de Monforte”, destacou o alcalde.

Encontro Duque de Alba, Manuela Sáez, José Tomé / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...