HomeEconomíaO IES Río Cabe de Monforte gaña a final do Concurso de...

O IES Río Cabe de Monforte gaña a final do Concurso de Coñecementos Financieiros

Saleta Losada Cuervo, Alexandre Maceda Fernández, Sara Rodríguez Rodríguez, Sara Rodríguez Traveso e Miguel Vega López, dirixidos polo profesor, Emilio López Mariño, acaban de gañar a final deste concurso a nivel nacional, organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado de Valores) e o Ministerio de Economía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A gran final celebrouse este luns, 2-10-2023, coincidindo co Día da Educación Financeira, ó ser o primeiro luns do mes de outubro. A cita tivo lugar en Sevilla e puido presenciarse en directo e en streaming a través da páxina creada ao efecto para celebrar o Día da Educación Financeira.

A final foi seguida intensamente dende o IES Río Cabe que instalou unha pantalla na entrada retransmitindo o concurso. O alumnado tivo que facer fronte a preguntas financeiras relacionadas cos xuros bancarios, accións, contas bancarias e compras de produtos con descontos.

Concurso de Coñecementos Financeiros 2023 IES Río Cabe gañador / IES Río Cabe

O éxito do alumnado do IES Río Cabe foi resaltado pola organización, non só polos seus coñecementos se non tamén polo seu bo comportamento e actitude durante todo o concurso. Os premios consisten en 3.000 euros en material didáctico escolar para o centro gañador, unha tablet para cada alumno dos equipos finalistas e unha visita cultural ao Banco de España, a Cámara de Oro e ao Palacio da Bolsa para ambos os dous equipos que lograron chegar a esta final.

Dende a dirección do centro felicitan ao equipo gañador, “sentímonos orgullosos do alumnado e do seu profesor pola boa imaxe amosada non só da comunidade educativa do IES Río Cabe, se non tamén pola imaxe proxectada da comarca do Val de lemos, da Ribeira Sacra, da provincia de Lugo e de toda Galicia.”Dende a dirección do centro felicitan ao equipo gañador.”

Concurso de Coñecementos Financeiros 2023 IES Río Cabe gañador / IES Río Cabe

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...