HomesociedadeA CIG-Saúde denuncia falta de psiquiatras na unidade de saúde mental do...

A CIG-Saúde denuncia falta de psiquiatras na unidade de saúde mental do Hospital de Monforte

O sindicato lembra que en abril deste ano marchou unha psiquiatra de traslado, e despois de 6 meses segue sen cubrirse esa praza. Actualmente o servizo conta cunha única psiquiatra, cando antes eran dúas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A única psiquiatra coa que se conta agora ve aos seus pacientes, e atende interconsultas, vías rápidas (suicidios), e outras atencións, ampliando a súa xornada laboral ata as 5 da tarde. “Os pacientes que debería ver a outra psiquiatra levan entre seis e dez meses sen ser atendidos, hai algún que leva sen cita dende xaneiro”, denuncia a CIG-Saúde.

Pregúntase o sindicato que pasa con estes pacientes, “Ao non velos na consulta, non teñen a medicación axustada e descompénsanse. Esto fai que teñan que acudir a urxencias e mesmo os trasladen a Lugo para o seu ingreso na unidade de psiquiatría.”

A actual psiquiatra encárgase tamén das cinco residencias de maiores que hai, “Está ata arriba de traballo, esperemos que non acabe colapsando e teña que coller unha baixa. O SERGAS sempre fai o mesmo, exprime aos traballadores ata que non poden máis e teñen que coller unha baixa”

Lembran tamén que en Monforte súmase á falta de psiquiatras, a ausencia deste servizo no centro de drogodependencias, polo que estes pacientes derívanse ao Hospital incrementando o traballo. Nesta situación, o sindicato alerta da perda de psiquiatría en Monforte.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...