HomeMedio ambiente e PatrimonioO concello de Monforte presenta a restauración do retrato do Cardeal Rodrigo...

O concello de Monforte presenta a restauración do retrato do Cardeal Rodrigo de Castro

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o Director do Colexio dos PP Escolapios, Pablo Blanco, deu a coñecer os traballos de restauración do retrato do Cardeal Rodrigo de Castro, que forma parte da colección de arte da Pinacoteca de dito Colexio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos de restauración do cadro, que é un retrato de corpo enteiro, foron financiados íntegramente polo Concello de Monforte, cun investimento de 3.643,92€, despois de que no pasado ano 2022, representantes da Fundación Colexio Nosa Señora da Antiga puxéranse en contacto co Equipo de Goberno, para solicitar axuda para este fin.

José Tomé xustificou a necesidade de apoiar esta restauración xa que, “xunto co VII Conde de Lemos, o Cardeal Rodrigo de Castro Osorio é unha das personaxes máis relevantes,   importantes e influíntes dentro da historia de Monforte e de España. A el debemos a construción deste Colexio de Nosa Señora da Antiga. Polo que levar a cabo a restauración do retrato que temos del na Pinacoteca deste “Escorial Galego”, está máis que xustificado”.

José Tomé concluíu animando a “todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas e turistas que nos visitan, a visitar esta Pinacoteca na que poderán dende hoxe redescubrir este magnífico retrato do Cardeal Rodrigo de Castro, e admirar de paso outras das obras máis coñecidas que albergan como son os dous lenzos de El Greco ou os cadros do italiano Andrea del Sarto”. O alcalde asinou no Libro de Honra do Colexio Nuestra Señora la Antigua.

Para levar a cabo a restauración do cadro, que correu a cargo da empresa especializada Crea restauración, habilitouse o obradoiro de restauración nunha sala cedida polo colexio para tal efecto. A obra en cuestión é un retrato de corpo enteiro do cardeal Rodrigo de Castro, de autor descoñecido, executado para o colexio no século XVII, segundo debuxo de Francisco Pacheco. Trátase dun óleo pintado sobre lenzo de liño.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...