HomeEn profundidade'Metamorfose', o novo sinxelo do artista 'Peitoescuro' camiño do seu primeiro álbum...

‘Metamorfose’, o novo sinxelo do artista ‘Peitoescuro’ camiño do seu primeiro álbum de estudio

Este segundo capítulo de sinxelos audiovisuais, tras a presentación de 'Alvorada' en xaneiro, forma parte dunha triloxía coa que Rubén Gutiérrez (Peitoescuro) vai construíndo a liña estética do que será o seu primeiro álbum de estudio: 'Semente na Fenda'.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O proxecto de Rubén Gutiérrez, coñecido artisticamente como ‘Peitoescuro’, segue avanzando. O pasado 18 de maio tivo lugar a pre-estrea o seu segundo sinxelo e video ‘Metamorfose‘ na primeira edición do festival “FICA!”, que tivo lugar no Castro Art Village (Concello de O Saviñao).

Este innovador festival autoxestionado de cinema e arte presentou un atractivo e amplo programa de actividades cun enfoque reivindicativo do rural como espazo de vida e de creación. No transcurso do mesmo houbo proxeccións cinematográficas, táboas redondas, performances teatrais e música. Actividades entre as que figuraba a proxección dos dous primeiros traballos audiovisuais de Peitoescuro, que serviron tamén de aperitivo para un espectáculo musical en directo no que Rubén estivo acompañado de María Rojo.

María Rojo e Rubén Gutiérrez actuando no Festival FICA!. Foto cedida.

Ademais da pre-estrea no Saviñao, Rubén Gutiérrez estivo días atrás de convidado no programa ‘ZigZAg’ da Televisión de Galicia onde aproveitou para falar de “Metamorfose”, do camiño cara o álbum que poña remate á triloxía e da súa presenza o sábado 6 de xuño no Festival Millo Verde na praia de Cesantes en Redondela. Na entrevista adiantou tamén que a terceira e última peza da triloxía, chamada ‘Pan das pedras’, previsiblemente lanzarase a finais deste verán.

METAMORFOSE

Trátase do segundo capítulo da triloxía audiovisual coa que Rubén Gutiérrez vai construíndo a liña estética do que será o seu primeiro álbum de estudio: ‘Semente na Fenda’. O artista pretende definir o imaxinario do seu proxecto musical ubicado nos sendeiros que conectan a Ribeira Sacra e a Serra do Courel, envolto nunha natureza misteriosa e potente que acompaña cada movemento do seu protagonista.

A peza audiovisual está dirixida por Álex Baena e conta coa produción de Iago Pico, unha produción que resulta “moito máis ambiciosa que o primeiro capítulo da saga, conseguimos que a trama evolucionara hacia lugares aínda máis suxerentes” afirma Rubén Gutiérrez. “A canción é un alegato en defensa pola vida rural, queríamos que os elementos naturais que rodean as aldeas cobraran vida”, engade.

A estrea oficial en todas as plataformas foi o pasado 23 de maio. Aquí o videoclip:

SEMENTE NA FENDA

Este será o título do álbum de estudio no que Peitoescuro explorará artísticamente “a escuridade necesaria para enraizar e espertar do letargo en busca da luz” e cuxo lanzamento terá lugar a principios do vindeiro ano. O consolidado produtor compostelán e colaborador habitual de Tanxugueiras, Iago Pico, comandará a produción musical deste traballo que, a entender do grupo de traballo, “xerará gran expectación entre público e promotores”.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...