HomesociedadeVolven os Cantos de Taberna a Taboada

Volven os Cantos de Taberna a Taboada

Os Rechouchíos e Os Afogapalletas, dous grupos de música tradicional locais, organizan este evento en colaboración co Concello de Taboada. O prazo para inscrición de formacións está aberto ata o 5 de novembro e o evento será o día 11.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Taboada colabora cos grupos de música tradicional locais Os Rechouchíos e Os Afogapalletas na organización da III edición dos Cantos de Taberna a través da súa Área de Cultura, Deporte e Medio Rural. O evento será o 11 de novembro, comezará coa xuntanza dos grupos ás 18:00 h. e a partir das 19:00 h. farase o percorrido festeiro que finalmente deseñe a organización. Os grupos participantes terán cea de balde e ao remate haberá unha Foliada.

No mes de setembro os dous grupos reuníronse na Casa do Concello para manter unha reunión co concelleiro de Cultura, Deporte e Medio Rural. “Cando me chamaron para facer a reunión e me comentaron a idea foi un si rotundo, levábamos polo menos 4 anos sen que os houbera e recuperalos é algo que me pareceu unha idea boísima”, comenta Manuel Diéguez.

Na reunión falouse de como se organizaría o evento e da maneira en que o Concello podería colaborar. Entre as decisións tomadas, o Concello quedou en ceder as instalacións do Centro Cívico tanto para a cea como para a posterior foliada e habilitar un local para que a xente que desexe quedarse esa noite teña onde aloxarse, ademais de poder facelo na diferente oferta hostaleira que hai en Taboada. “A maiores imos colaborar cunha achega económica, xa que os organizadores de iniciativas como estas bastante fan poñendo boa parte do traballo sen que por enriba teñan que poñer cartos das súas asociacións”, explica Diéguez.

Lucía López de Rechouchíos comentaba na presentación que “Afogapalletas e Rechouchíos, coa colaboración do Concello de Taboada e dos bares do pobo, temos o pracer de presentarvos os terceiros Cantos de Taberna de Taboada e convidámosvos a todos a achegarvos ese día polos bares de Taboada e gozar dunha xornada de música, tradición e alegría!”.

A.C. Rechouchíos

O prazo de inscrición para os grupos que queiran participar remata o 5 novembro e o teléfono para anotarse é o 637282099. Tanto a organización como o Concello esperan unha gran afluencia.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...