HomeMedio ambiente e PatrimonioMinerais e fósiles de todo o mundo para o Museo Xeolóxico de...

Minerais e fósiles de todo o mundo para o Museo Xeolóxico de Quiroga

Trátase dunha doazón do Paleontólogo Juan Carlos Gutiérrez Marco, membro do Comité Científico do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel. Máis de 100 mostras de minerais procedentes de todo o mundo e varios fósiles ampliarán os contidos deste museo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Paleontólogo Juan Carlos Gutiérrez Marco, membro do Comité Científico do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, ven de facer unha doazón dunha importante colección de minerais ao Museo Xeolóxico de Quiroga. Trátase de máis de 100 mostras espectaculares de minerais procedentes de todo o mundo e de varios fósiles seleccionados por el mesmo ao longo da súa vida.

Entre as pezas, todas de diferentes cores e formas, atópanse piritas, granates, mica, cuarzo, diamantes, aragonito ou xeso, procedentes de diferentes partes do planeta (Perú, Australia, China, …).

O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, recolleu a doazón en nome do Xeoparque Montañas do Courel e amosou a súa satisfacción porque veciños e visitantes podan gozar a partir de agora destas marabillas que agocha a natureza e que normalmente permanecen ocultas. Indicou tamén que o Museo de Quiroga adaptará o seu espazo para poder amosalas aos seus visitantes en canto sexa posible.

OUTRAS DOAZÓNS DE JUAN CARLOS GUTIÉRREZ

Durante o pasado ano, Gutiérrez Marco xa doou achádegos propios ao Museo Xeolóxico de Quiroga. Foi cando o museo puxo en marcha unha XeoBiblioteca, composta sobre todo por libros e coleccións de revistas que Gutiérrez Marco foi proporcionando ao longo destes anos de colaboración e apoio ao Xeoparque, procedente de compañeiros e amigos que llas foron cedendo. Esta iniciativa, que tivo certa repercusión, xa espertou o interese de varios profesores galegos que cederon tamén algunhas publicacións para esta biblioteca.

VINCULACIÓN CO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL

O Paleontólogo Juan Carlos Gutiérrez Marco sempre estivo vinculado co Xeoparque Montañas do Courel. Un artigo seu publicado no ano 2002 no diario La Voz de Galicia, foi o que propiciou que se reavivara o interese polo sinclinal deitado das Montañas do Courel e se construíra un miradoiro no ano 2003 nas inmediacións da aldea de Campodola.

Dende entón Gutiérrez Marco sempre estivo presente, e moi pendente da actividade que ía desenvolvendo o GDR Ribeira Sacra relacionada coa xeoloxía e a palentoloxía, e apoiou e prestou asesoramento técnico para o impulso da estratexia que levaría ao recoñecemento das Montañas do Courel como Xeoparque Mundial da UNESCO.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...