HomesociedadeMonforte programa formación para o "Empoderamento de mulleres para o emprego" con...

Monforte programa formación para o “Empoderamento de mulleres para o emprego” con motivo da Día da Muller Rural

O concello de Monforte, a través da Concellería de Muller e Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM) celebrará un Programa de formación para o Empoderamento de mulleres para o Emprego, que servirá ademais para conmemorar o “Día da Muller Rural”, que se celebra o 15 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actividade, dirixida a mulleres, é gratuíta, e de carácter presencial. Impartirá o luns 16 e venres 20 de outubro na Sala de Informática do Centro Cívico Social (1º planta) en horario de 10:00 a 13:00 h. A formación será impartida pola Fundación Mujeres.

As mulleres interesadas poderán realizar a súa inscrición presencialmente no CIM sito no Centro Cívico Social ou ben chamando ao número de teléfono 982 416 350. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

O obxectivo desta actividade “é axudar ás mulleres participantes a concretar mellor o seu obxectivo laboral, aprenderan a desenvolver as súas habilidades e competencias para o emprego e mellorarán a procura de emprego empregando técnicas mais adecuadas e os recursos que ofrece internet”, sinala o alcalde, José Tomé.

Dende o Equipo de Goberno do Concello, consideran necesarias estas actuacións para actualizar as competencias dixitais das mulleres, dotándoas de habilidades dixitais avanzadas para fomentar a xestión eficiente dos recursos dispoñibles na rede.

As competencias dixitais son esenciais na sociedade actual e aínda mais para as mulleres do rural, xa que estas habilidades non solo lles brindan acceso a un mundo de información e oportunidades en liña, se non que tamén, promoven o seu empoderamento  e melloran a súa calidade de vida.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...