HomeCultura24 e 25 de outubro a Biblioteca Municipal do Saviñao celebra o...

24 e 25 de outubro a Biblioteca Municipal do Saviñao celebra o Día das Bibliotecas

A Biblioteca Municipal do Saviñao celebra un ano máis o Día das Bibliotecas. Nesta ocasión as actividades terán lugar en 2 días consecutivos a diferenza dos anos anteriores nos que se celebraba unha xornada da mañá á medianoite.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades seleccionáronse do catálogo Ler conta moito, programa promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello do Saviñao. O programa conta con propostas para tódalas idades.

Martes 24 de outubro

  • 10.00 h. Eduvía (de Lalín) presenta Contacontos Sensorial co alumnado da Escola Infantil e as súas familias
  • 11.30 h. Contacontos Dada a Trasna co alumnado de  1º, 2º e 3º de Educación Primaria
  • 13.00 h. Ludus Tempori (de Lugo) presenta Cociñando historias co alumnado de  4º, 5º e 6º de Educación Primaria  

Mércores 25 de outubro

  • 10.30 h. O Carballo con Botas (de Chantada) presenta Zapatiños de cartón e a carta dos bosques co alumnado de  4º a 6º de Educación Infantil
  • 11.30 h. María Meijide presenta o obradoiro Autobiografía cuantificada para adultos, para a que se recomenda inscribirse na biblioteca ou a través do teléfono 982452324

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...