HomesociedadeA asociación de municipios do Camiño de Inverno a Santiago aproba o...

A asociación de municipios do Camiño de Inverno a Santiago aproba o seu Plan de Dinamización 24-27

A asociación de municipios do Camiño de Inverno a Santiago celebrou esta semana, en Vilamartín de Valdeorras, asemblea xeral extraordinaria. Os concellos participantes analizaron e presentaron as súas propostas para seguir mellorando o Camiño de Inverno, que parte de Ponferrada e transita polas catro provincias galegas, catro denominacións de orixe e comarcas como as de Valdeorras, Ribeira Sacra e Deza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo principal da Asemblea foi a presentación e aprobación do Plan de Dinamización 2024-2027. Este plan presentouse a todos os socios como un documento marco froito dun traballo de campo, que pon de relevo, desde as fortalezas e debilidades observadas no territorio do Camiño de Inverno, á necesidade de facer fronte a unha serie de retos estratéxicos que teñen que ver coa atención ao peregrino, visibilidade do Camiño, aumento de alianzas e colaboracións, así como potenciar o desenvolvemento turístico do territorio.

“A través deste Plan”, subliñou a Tte de alcalde, Gloria Prada, como representante do concello de Monforte de Lemos “poderemos dar a coñecer o potencial turístico e patromonial co que conta Monforte, non so ó resto de asociados, senón tamén e sobre todo, a todos os que transitan por esta ruta xacobea do Camiño de Inverno, que ano a ano aumenta o seu número de peregrinos”.

Acordouse traballar en catro liñas de actuación:

  • Servizos ao Peregrino, pretende aumentar a rede de albergues dispoñibles, mellorar as instalacións existentes e dotar de máis servizos ao camiñante.
  • Difusión do Camiño de Inverno, busca dispoñer dunha formulación que mellore a difusión e a comunicación en torno ao Camiño de Inverno incrementado a súa visibilidade e presenza social, mediante, entre outras accións, mellora da páxina web, potenciación das redes sociais, realización de xornadas etc.
  • Xestión de colaboradores e alianzas con todos os grupos de interese vinculados ao Camiño de Inverno e ao territorio para xerar colaboración mutua e sinerxías.
  • Desenvolvemento turístico, pretende traballar en conxunto cos actores locais para o desenvolvemento turístico do lugar, coa intención de mellorar e promocionar os recursos turísticos do territorio do Camiño  de Inverno.

A Asemblea comprometeuse a traballar dentro de cada liña de acción, marcando e priorizando cada un dos obxectivos e actuacións que se detallan dentro do plan de dinamización.

ÚLTIMAS

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...

Monforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos de peóns

A Xunta de Goberno Local do pasado 29 de decembro aprobou a adxudicación de...

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...