HomeCulturaA furgoteca rexistrou na provincia máis de 4.500 visitas e case 4.500...

A furgoteca rexistrou na provincia máis de 4.500 visitas e case 4.500 préstamos

A furgoteca é un servizo de bibliotecas móbiles que a Xunta de Galicia puxo en marcha no pasado mes de marzo. Percorre un total de 20 concellos rurais das provincias de Lugo e Ourense e suma xa preto de 9.000 visitas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a posta en marcha de A furgoteca realizáronse unha media mensual de máis de 1.000 préstamos. Así, ademais de ofrecer libros, películas, música, xogos e publicacións periódicas, este servizo tamén serviu para tramitar 1.200 altas no carné e ofrecer aos usuarios conexión a internet, equipos informáticos portátiles e impresora.

No caso da provincia de Lugo, o servizo está en funcionamento nos concellos de Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedraf­ita do Cebreiro, Samos e Triacastela e acumula xa máis de 4.500 visitas e preto de 4.500 préstamos de exemplares.

Esta iniciativa ven acompañada dunha intensa actividade cultural. No caso da provincia de Lugo a axenda incluíu 135 actividades arredor do libro e a lectura, ás que asistiron case 2.300 persoas.

O servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia continuará ata final de ano percorrendo o rural das provincias de Lugo e Ourense. Organízase de tal xeito que un dos días A furgoteca se asentará nos lugares de maior afluencia de público, onde se celebran feiras e mercados e hai centros de saúde, residencias, pavillóns de deportes ou centros socioculturais. O segundo día a biblioteca móbil realizará un percorrido polos núcleos e aldeas para ofrecer un servizo personalizado porta a porta.

Con esta medida, a Xunta dá resposta aos obxectivos do Plan Xeración Cultura e continúa a reforzar o sistema bibliotecario galego que, segundo o II Mapa de Bibliotecas Públicas, está composto por un total de 295 servizos bibliotecarios compostos por máis de 6,6 millóns de exemplares, 17.000 postos de lectura e máis de 4.100 postos informatizados.

ÚLTIMAS

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...