HomesociedadeCharla coloquio de exdeputados galegos no IES Río Cabe

Charla coloquio de exdeputados galegos no IES Río Cabe

Dentro do programa "Charlas-coloquio sobre o Parlamento de Galicia", este mércores o alumnado de 4º da ESO do IES Río Cabe, recibiu ó exdeputado Miguel Ángel Fernández López (PSdG) e ás exdeputadas Julia Rodríguez Barreira (PP) e María Xosé Vega Buxán (BNG); ambas exalumnas deste centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Presentados pola profesora, Pilar López, e moderando o relatorio a profesora, Ana Otero, os tres exmembros do Parlamento de Galicia fixeron cadansúa presentación sobre o traballo que se desenvolve no Parlamento e o labor que o seu grupo político levou a cabo durante o seu período como deputadas.

O alumnado fíxolles preguntas do máis interesantes e variadas sobre a institución representativa do pobo galego.

“Dende o IES Río Cabe queremos agradecer a súa visita e felicitar ao Parlamento de Galicia pola grande importancia deste tipo de actividades que mostran e espallan os valores da democracia entre a xente moza”, conclúen desde o centro.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...