Homesociedade'Escapismo Halloween' na Ribeira Sacra

‘Escapismo Halloween’ na Ribeira Sacra

Unha empresa deste xeodestino ofrece unha actividade 'de medo' entre o 27 de outubro e o 12 de novembro.

Publicado o

- Advertisement -

A moda dos “Escape Room” instalouse na Ribeira Sacra dende hai anos e agora chega como alternativa para vivir na noite de defuntos. Tanto é sí que unha empresa de Pantón ofrece estes días a posibilidade de vivir un Halloween diferente convertendo o seu viñedo no “seu cemiterio particular” onde non faltarán nin meigas nin seres malignos que saen das tumbas para volver ao mundo dos vivos…

Baixo reclamos como, “ven, e atrévete a vivir a experiencia máis terrorífica da Ribeira Sacra”, Pantón Rural ofrece unha actividade de escapismo diferente na que haberá que poñer a proba todos os sentidos para enfrontarse a desafíos e enigmas. “Escoitarás a estes seres, notarás o seu alento, aparecerán cando menos o esperes e ata é posible que sintas que che tocan. Non deixes que te atrapen e segue adiante”, deste xeito e doutros suxestionan os organizadores desta iniciativa.

Imaxe de Pantón Rural

UNHA EXPERIENCIA DE ESCAPISMO ‘TERRORÍFICA’

O primeiro reto será superar as probas do tanatorio. De superala, pasarase ao cemiterio, onde as tumbas antigas esconden segredos aterradores e os seres do alén poderán rodear a un. Só quedan dúas opcións: resolver os enigmas que permitirán ser libre ou perderse para sempre neste cemiterio enmeigado.

Para superar os retos que presenta a proba só se contará con 60 minutos e haberá unha recompensa en forma de apócema para quen sobreviva á experiencia.

MELLOR ACOMPAÑADO

O terror lévase mellor acompañado e por iso Pantón Rural recomenda realizar esta actividade en familia, co grupo de amigos/as ou con esas persoas ás que se quere retar a unha experiencia terrorífica.

O teléfono de contacto para as reservas é o (+34) 672 78 80 52.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...