HomesociedadeDía Galego sen Tabaco iluminando de laranxa a Torre da Homenaxe

Día Galego sen Tabaco iluminando de laranxa a Torre da Homenaxe

O concello de Monforte súmase hoxe, 31 de outubro, ó Día Galego sen Tabaco, iluminando esta noite de cor laranxa a Torre da Homenaxe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña, que leva por lema “Vive sen tabaco”, ten por obxectivo sensibilizar ao gran público sobre os problemas de saúde que acarrea o tabaco, que é a primeira causa de morte evitable e prematura en España.

Segundo datos da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte, a mocidade comeza a experimentar co tabaco moi axiña, debido á influencia da publicidade e das promocións da industria tabaqueira, á facilidade para conseguir tabaco, ao seu baixo prezo e á aceptación social do seu consumo. A forte adicción que provoca a nicotina, facilita o paso de experimentador a fumador habitual nun prazo de tempo moi curto (aproximadamente un ano).

Para máis información os interesados poden dirixirse ós servizos de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependendias do Concello de Monforte, situados na Praza da Estación, 17, no 982 400 495 e no correo electrónico uad@concellodemonforte.com

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...