HomePolíticaKaty Varela critica a negativa de Tomé para solicitar as axudas da...

Katy Varela critica a negativa de Tomé para solicitar as axudas da Xunta para escolas infantís

O PP de Monforte asegura non entender a postura do alcalde, José Tomé, que no último pleno afirmou que “non pensa solicitar as axudas da Consellería de Política Social para ampliar as prazas da escola infantil ou crear un PAI”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros populares preguntaban no pleno se o concello solicitara as axudas da orde da Consellería de Política Social para poder ampliar as prazas das escolas infantís municipais ou para crear os PAIs (Puntos de Atención á Infancia). Lamentan a resposta negativa do alcalde a pesar de que “as prazas coas que conta o centro son insuficientes para poder atender á demanda existente”.

Katy Varela lamenta que o alcalde afirmara que como rexedor non solicitaría este tipo de axudas e que “é un esforzo manter aberta a escola infantil” e considérao “unha absoluta falta de respecto a todos os usuarios da mesma, ademais de a todas as familias que se atopan na lista de agarda”.

Para os populares manter a escola infantil aberta e aumentar o número de prazas da mesma “non é un esforzo, é manter un recurso fundamental para a conciliación familiar e para poder asentar poboación na cidade e debería ser prioritario para todo alcalde”. Katy Varela critica a negativa de Tomé para solicitar estes recursos da Xunta, “cando son só os concellos os que por lei poden crear os PAIs.”

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...