HomeCulturaNovembro de teatro co Círculo Saviñao

Novembro de teatro co Círculo Saviñao

A primeira cita terá lugar este domingo, 12 de novembro, no auditorio municipal a partir das 19:30.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 12 de novembro, Teatro A Adala presenta no auditorio municipal de Escairón a comedia, “Vivan os noivos”. A seguinte cita será o 19 de novembro tamén no auditorio municipal. Ás 18:30, dentro do circuito de tetro profesional, A compañía solitaria do DR. Monifate pon en escea, “Bad Man, un home malo” de Gustavo Fouce.

O auditorio municipal tamén será o punto de encontro para ver “Fuga” de 57 palabras, que chegan desde Viveiro. A representación será ás 19:30h. E tamén dentro do circuito de teatro afeccionado, Viraventos de Monforte presentará a comedia, “A cegueira de Cupido: porque o amor nunca é o que parece”. Neste caso xa chegamos ao 2 de decembro coa representación ás 19:30h.

Todas estas citas teatrais están promovidas polo Círculo Saviñao coa colaboración da área de cultura da Vicepresidencia da Deputación.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...