HomesociedadeA Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou esta semana na entrega dunha vivenda de promoción pública en Bóveda, adxudicada en réxime de alugueiro. Trátase dun piso de tres dormitorios con 90 metros cadrados de superficie, e conta con rocho e garaxe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda, impulsando novas construcións para engrosar o parque público e reformando os límites de renda para permitir o acceso de máis persoas ás adxudicacións; os interesados deben inscribirse no Rexistro único de demandantes de vivenda.

Así mesmo, o Instituto Galego da Vivenda e Solo ten abertas varias convocatorias de axudas destinadas á compra, rehabilitación ou alugamento. Entre elas, cabe citar os apoios para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos de ata 10.000 habitantes, o programa de avais ou o Bono de alugueiro social.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...