HomeMedio ambiente e PatrimonioTerceira campaña arqueolóxica no Preguntoiro, Pantón, con escavacións abertas ao público

Terceira campaña arqueolóxica no Preguntoiro, Pantón, con escavacións abertas ao público

En marcha ata o 19 de novembro, a terceira campaña de escavación arqueolóxica no sitio arqueolóxico do Preguntoiro, financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia a través dun convenio co Excmo. Concello de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A coordinación do proxecto internacional, interdisciplinar e interinstituciona corre a cargo de Sonia García Rodríguez e a dirección arqueolóxica de Xurxo Ayán Vila (Instituto de História Contemporânea, Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade NOVA de Lisboa).

O equipo está formado por un total de 12 profesionais da arqueoloxía e investigadoras do Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (INCIPIT – CSIC)  de diferentes disciplinas: antropoloxía cultural, etnografía, palinoloxía, edafoloxía, antropoloxía forense e arqueoloxía.

O proxecto, iniciado en 2021, ten tres obxectivos principais:

  1. Procurar datos empíricos para coñecer a orixe da Ribeira Sacra como espazo simbólico, na Alta Idade Media.
  2. Levar a cabo datacións de C-14 en perfís estratigráficos dos calexotes (terrazas para o cultivo da vide) para abordar a orixe da paisaxe vitivinícola da Ribeira Sacra.
  3. Consolidar un recurso patrimonial visitable no canón do Sil, a carón dunha ruta de sendeirismo homologada que parte de Pombeiro e chega ata a aldea abandonada de Sancosmede.

Terceira campaña de escavación arqueolóxica Preguntoiro / Equipo de escavación

Nesta nova intervención abórdase a ampliación do sector de escavación cara ao norte, abranguendo unha superficie de 40 m2. Nesta área albíscase unha estrutura anexa á capela do San Xoán Degolado, a cal xa estaría erguida no século XIII da nosa era, dacordo coas datacións de C-14. Nesta zona tamén hai indicios de construcións anteriores que poden estar vencelladas co eremitorio e necrópole rupestre asociada, do século X. Así, a campaña permitirá unha mellor comprensión da orixe e evolución deste espazo desde a Alta Idade Media ata a implantación do feudalismo e do veciño mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro.

Con esta campaña daráselle contexto á relación entre a capela e as terrazas da contorna inmediata. A análise dos calexotes en campañas anteriores, nas que tomáronse mostras de terra, permitiu datalas mediante o C-14. O obxectivo agora é entender a evolución construtiva entre as terrazas e as edificacións. Ata o momento contábase coas datacións dun contexto arqueolóxico semellante no lugar dos Conventos, tamén escavado polo mesmo equipo de traballo en 2019 e 2020, en Vilachá, A Pobra do Brollón.

Un proxecto de Arqueoloxía Pública

As escavacións arqueolóxicas están abertas ao público, de luns a venres. Ás doce do mediodía, cada día, hai unha visita guiada a cargo da dirección do proxecto arqueolóxico. Na fin do proxecto haberá unha Xornada de Portas Abertas. Na páxina do proxecto en Facebook transmítese en tempo real o avance das investigacións.

Terceira campaña de escavación arqueolóxica Preguntoiro / Equipo de escavación

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...