HomeEconomíaAta o 7 de decembro mercar no comercio de Sarria ten premio

Ata o 7 de decembro mercar no comercio de Sarria ten premio

Mercar no comercio de Sarria entre o 14 de novembro e o 7 de decembro ten premio, coa campaña "Mellor comercio da túa vila".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CCU de Sarria – ACES en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, poñen en marcha a campaña de dinamización: “Mellor comercio da túa vila”.

Mercar no comercio de Sarria ata o 7 de decembro ten premio. En concreto 12.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 150 euros para seguir mercando no comercio desta vila.

Así, todos os clientes de Sarria que realicen compras nos establecementos asociados, nesta ocasión participan uns 65 negocios, entre o 14 de novembro e o 7 de decembro, poden participar no sorteo destos 12.000 euros en premios. Para iso, os clientes deben acceder a mellorcomerciodatuavila.com e rexistrar o seu ticket de compra así como votar ao seu comercio favorito da vila.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...