HomeCulturaA cantora "Sés" recibe na casa consistorial de Carracedo, en Láncara, o...

A cantora “Sés” recibe na casa consistorial de Carracedo, en Láncara, o Premio Facer País

Sés recibiu o galardón outorgado pola Asociación Cultural Val de Láncara das mans de Luz Fandiño, a penúltima premiada, nun acto no que Xurxo Souto actuou como mestre de cerimonias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, a cantora María Xosé Silvar “Sés” recibía na antiga casa consistorial de Carracedo, en Láncara, este recoñecemento. Acompañábana entre membros da súa familia, representantes da asociación cultural Val de Láncara, doutras asociacións culturais da contorna e do concello de Láncara, ademais do vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e a deputada de Cultura, Iria Castro, entre outras autoridades.

O Premio Facer País, cuxo xurado está formado por unha vintena de asociacións dos concellos de Láncara, Sarria, O Corgo, A Fonsagrada, Baralla e Cervantes, recoñece a “postura clara de defensa da lingua e cultura galega” de Sés, “dende unha visión nova, rompedora, actual e feminista”.

Desde a súa creación en 2002, recibiron o galardón lsaac Díaz Pardo, Luis Tosar, o grupo Milladoiro, Xosé Manuel Beiras Torrado, Xosé Neira Vilas, o diario A Nosa Terra, Avelino Pousa Antelo, Luz Pozo Garza, a Real Academia Galega, Mini e Mero, Agustín Fernández Paz, a Mesa pola Normalización Lingüística, Marica Campo, Basilio Losada Castro, Margarita Ledo Andión, a Asociación Cultural Xermolos, a familia Seivane, Xurxo Souto, Luar na Lubre e Luz Fandiño.

Efrén Castro e Iria Castro felicitaron a Sés e remarcaron o carácter popular do acto, subliñaron tamén a traxectoria do premio “que rebasou as fronteiras do concello e da comarca para converterse nun certame galego” e valoraron “a dedicación e o compromiso co que se puxo en marcha en 2002 por parte da Asociación Cultural Val de Láncara co apoio dos colectivos culturais da contorna”

Sés Premio Facer País / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...